Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Manifesto que con motivo do Día do Dano Cerebral publican as entidades que forman o movemento asociativo agrupado en FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral)
Cada 26 de outubro, a Federación Española de Dano Cerebral e o seu movemento asociativo xuntámonos para visibilizar as consecuencias do dano cerebral adquirido e reivindicar a necesidade de continuar a promover políticas públicas, recursos e ferramentas que garantan a inclusión real das case medio millón de persoas con esta discapacidade en España.
Un dos grandes retos segue a ser lograr sensibilizar máis alá do visible. Afortunadamente, o labor informativo das últimas décadas permitiu que cada vez sexamos máis as persoasque sabemos identificar odano cerebral adquirido. Este é unha lesión súbita no cerebro que pode ser provocada por un ictus, un traumatismo cranioencefálico, un tumor cerebral, unha anoxia ou unha infección.
Porén, aínda existe moito descoñecemento sobre a tipoloxía das súas secuelas.O cerebro encárgase dos movementos voluntarios, como camiñar ou estender un brazo; e procesa a información que recibe a través dos sentidos. Tamén controla outras funcións que non se ven, como a respiración, a dixestión, a fala, a memoria ou o control das emocións e da conduta.
Unha lesión no cerebro pode alterar a súa capacidade para desenvolver estas funcións. Estas alteracións físicas, sensoriais, neuropsicolóxicas e relacionais, a miúdo difíciles de detectar a simple vista, están presentes en todas as esferas da vida: as relacións con outras persoas, o traballo, o ocio ou os estudos. Accións como mercar unha entrada e ir ao cine, facer a compra no supermercado, viaxar en transporte público ou acudir ao centro de saúde poden converterse en grandes retos para as persoas con dano cerebral adquirido.
A toma de conciencia sobre as barreiras que atopan as persoas do colectivo e o conxunto das persoas con discapacidade trouxo avances na atención, a capacidade xurídica e a accesibilidade.
Porén,aquilo que non se ve,aínda non recibe a adecuada rehabilitación e dificulta a existencia de recursos especializados que garantan a inclusión e o apoio ás familias.
Desde a Federación Española de Dano Cerebral, que representaa 48 entidades e a máis de 11.000 persoas socias no exercicio dos seus dereitos de cidadanía e a súa plena inclusión na comunidade, reclamamos, un ano máis:
• Que se impulse unha Estratexia Nacional de Atención ao dano cerebral adquirido que garanta unha atención coordinada, integral e multidisciplinar a cada persoa con dano cerebral, independentemente da súa situación socioeconómica e do seu lugar de residencia, e que teña en conta todas as secuelas que afectan á súa vida, incluíndo aquelas que non se ven.
• Que se elabore un censo completo do número de persoas con dano cerebral adquirido en España.
• Que se cree a categoría diagnóstica “dano cerebral adquirido”, aplicable nomomento daalta hospitalaria.
• Que se inclúa á familia como parte beneficiaria do proceso de atención, e non só como parte colaboradora.
• Que nos plans de atención sociosanitariase teñan en conta as necesidades específicas das persoas con danocerebral con maior vulnerabilidade, como son as persoas con dano cerebral severo, os menores con dano cerebral e as persoas con alteracións graves da conduta; así como das súas familias.
Este 26 de outubro, Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, queremos facer visible todo o que non se ve.
“Unha vida salvada merece ser vivida con dignidade”.