Oferta de actividades de ocio para persoas coidadoras

28/03/2023

O Servizo de Información, Orientación e Apoio a familias oferta diversas actividades destinadas ás persoas coidadoras. Hai actividades que se poden facer acompañadas e outras só de forma individual e todas poden realizarse en calquera momento ata final de ano.

Actividades que se poden facer acompañadas.
Neste caso Sarela asume o custo de 2 entradas por familia.

  • Balneario Compostela (Brión). Os circuítos son de 2 horas máximo. É preciso levar traxe de baño e gorro e máscara para fóra da auga.
  • Paseo en barco + comida incluída na Ría de Muros-Noia. Duración: 2 horas en total. Saídas desde Muros ás 12h. Mínimo 4 persoas (se non se acada o grupo poden xuntar outro grupo).
  • Visita guiada aos tellados da Catedral de Santiago. A visita inclúe as cubertas (visita guiada), a Torre da Carraca e o Pazo de Xelmírez. Duración aproximada: 1 hora. Hai tamén a posibilidade de visitar o Museo-Colección permanente de 1h de duración aproximada a maiores.
  • Cine. Pódese desfrutar en calquera concello.
  • Teatro. Pódese desfrutar en calquera concello cun máximo de 25€/entrada.


Actividades que só se poden realizar de maneira individual

  • Masaxe parcial pernas ou costas para aliviar dor en Centro Quirós (Santiago de Compostela). Masaxe de 50 minutos. Reserva previa.
  • Talleres intensivos de 1 día en El taller de Marusana. Obradoiros de pintura en tea, restauración de mobles, elaboración de xabrón e velas, decoración de madeira, cristal, porcelana..., punto de cruz, bordado, decoración de nadal, etc. A duración dos talleres depende oscila entre as 2 e 4 horas e  desenvólvense os sábados pola tarde.

 

As persoas coidadoras socias de Sarela que queiras participar nalgunha das actividades ou solucionar algunha dúbida só ten que contactar con Traballo social do Servizo de Inforación, Orientación e Apoio a Familias no teléfono 981 577 037.

Tags: familias

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información