Xornadas de saúde para maiores.
A
Cruz Vermella de Santiago está a desenvolver unhas xornadas de saúde para persoas maiores que inauguraron o pasado xoves cunha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido (DCA) impartida por profesionais de Sarela.
A traballadora social Eugenia Veloso e a educadora Noelia Parente desprazáronse o día dez de abril ás instalacións da Cruz Vermella para falar do dano cerebral e dar recomendacións sobre a súa prevención. Estes consellos están centrados na promoción duns hábitos de vida saudábeis que axuden a evitar que se produza o ictus, que é a principal causa do dano cerebral. Tamén se falou dos perigos dunha condución irresponsábel e da prevención das caídas e outras contusións domésticas, que afectan especialmente ás persoas maiores.
A charla de prevención do dano cerebral impartiuse no marco das xornadas de saúde e promoción do envellecemento saudábel que desenvolve a Cruz Vermella. Asistiron unhas 40 persoas que participan no programa de teleasistencia domiciliaria e do de axuda a domicilio.