Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Coincidindo coa festa de Nadal na que participaron persoas usuarias, familias, persoas voluntarias e profesionais, José Balboa (presidente e unhas das persoas fundadoras da asociación) protagonizou o acto de colocación da primeira pedra das obras de ampliación da sede da entidade. O novo edificio estará conectado co actual e permitirá mellorar a prestación de todos os servizos prestados a persoas e familias con Dano Cerebral.
Como xa sucedera co edificio actual (inaugurado en 2016), a ampliación será posible grazas á cesión da parcela polo Concello de Santiago. Esta cesión demanial por un prazo de 30 anos foi aprobada o 26 de agosto e poderá ser prorrogada até os 75 anos. Para o comezo das obras a asociación contou en 2024 cunha subvención da Xunta de Galicia de 150.000 euros con cargo ao financiamento por IRPF.
Esta parcela ten unha superficie de 305 metros cadrados e nela estase a levantar un novo edificio que vai estar conectado co actual. A ampliación das instalacións vén motivada polo medre do número de persoas usuarias nos servizos especializados existentes e a creación doutros novos novos para mellorar a atención ás persoas con dano cerebral en cada unha das fases polas que pasan estas persoas e familias.