Sarela ensaia unha nova obra de teatro

14/01/2014

Persoas usuarias da asociación traballan cun texto dramático de creación propia.

O grupo de teatro de Sarela, composto por persoas usuarias da asociación, ensaia unha nova obra. O texto, elaborado por profesionais da entidade, conta cunha sucesión de sketches que fan a todas as persoas protagonistas da función.

 

Tralo éxito obtido o pasado xuño na presentación pública de 'Sarela Televisión' -a primeira obra de teatro da asociación de dano cerebral-, as persoas usuarias da entidade decidíronse a traballar nun novo texto. A función inclúe teatro, música, e múltiples sorpresas que se irán adiantando segundo se achegue a data de estrea.

 

A actividade de teatro forma parte do traballo de rehabilitación e inclusión social que as persoas con dano cerebral adquirido realizan en Sarela.

 

Hai unha galería de fotos da representación de 'Sarela Televisión' na páxina de Facebook da asociación.

 

Categorías: Sarela , Teatro
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información