Slalom no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica

30/09/2015

Sarela publica un vídeo sobre esta práctica deportiva no centro.

As persoas con dano cerebral adquirido precisan facer deporte para manter o seu tono, desenvolver o seu potencial físico e previr a dependencia asociada á súa discapacidade. Por iso o Servizo de Atención Diúrna Terapéutica incluíu no seu programa de actividades a práctica do slalom. Trátase dunha modalidade deportiva procedente do ámbito de traballo coas persoas con parálise cerebral que se practica en cadeira de rodas e na que as persoas con DCA de Sarela están aprendendo a desenvolverse.
 
O slalom consiste nunha carreira de obstáculos dentro dun circuíto que inclúe rectas, curvas, xiros... E que pon a proba as dificultades engadidas das persoas con dano cerebral: hemiplexias, discapacidade visual, etc. As carreiras de slalom son contra reloxo e teñen diferentes duracións e complexidade. Con este deporte as persoas que utilizan a cadeira de rodas na súa vida diaria melloran a súa habilidade para empregala, e as que non a empregan aprenden a utilizala e a poñerse no lugar das que teñen maiores dificultades de mobilidade.
 
As persoas usuarias de Sarela levan practicado diferentes tipos de actividade física, como golf, ximnasia, piscina ou paseos. Na primavera de 2015 probaron o slalom e decidiron incorporalo á súa rutina. Así, unha vez á semana pasan a mañá botando carreiras no circuíto de obstáculos, e decidiron amosar a súa evolución nun vídeo:
 
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información