Somos “Dano Cerebral Santiago de Compostela”

29/09/2024

Sarela cambia o seu nome e imaxe. A partir de agora Sarela somos “Dano Cerebral Santiago de Compostela”. Seguimos a ser a mesma asociación de familias que viu a luz no ano 2000, mantendo viva a nosa misión e os nosos valores. Esta nova marca é o froito dun proceso de unificación e confluencia do movemento asociativo do dano cerebral a nivel estatal, autonómico e, no noso caso, local.

Na actualidade, o 10% das persoas con discapacidade en España teñen Dano Cerebral Adquirido (DCA). O movemento asociativo do DCA comezou en España no ano 1995 e Sarela, a Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Compostela, sumouse no ano 2000. Actualmente xa somos máis de 50 as entidades que damos forma a este movemento. Todas traballamos poñendo as persoas e familias con dano cerebral no centro porque, como di o noso lema, “unha vida salvada merece ser vivida con dignidade”.


Con esta transformación, queremos fortalecer a nosa unión como colectivo e enriquecer o coñecemento social do dano cerebral. Esta evolución permitiranos ser máis eficaces na prevención das súas causas (ictus, traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais, etc.), logrando que as persoas recoñezan o DCA no seu entorno e busquen o recurso de atención máis adecuado.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información