Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A Deputación da Coruña é unha das institucións que anualmente financian a actividade dos servizos de atención ao dano cerebral de Sarela. En 2025 o organismo provincial concedeu unha subvención de 28.000 euros (cun coeficiente de cofinanciamento do 40%) dentro do “Programa FOCVAA: programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios”.
A resolución foi publicada no Boletín Oficiál da Provincia do 3 de abril. Esta subvención afianza o Servizo de información, orientación e apoio a familias que é un elemento fundamental e gratuíto para as persoas e familias con DCA.
O proxecto que será apoiado desde a Deputación da Coruña busca paliar a situación de desorientación provocada pola falta de información á que normalmente se enfrontan as familias de persoas con DCA. Esta carencia é estrutural na nosa contorna sociosanitaria e provoca un choque emocional e organizativo na familia ademais de dificultar a procura de recursos e a toma de decisións importantes.
As actividades que se desenvolverán neste programa subvencionado pola Deputación da Coruña son: