Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O programa de voluntariado de Dano Cerebral Santiago de Compostela recibirá este ano 1.384 euros da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Língua e Xuventude para o desenvolvemento do proxecto “Voluntariado e acción”. O proxecto tamén porá o acento en promover o voluntariado de persoas con dano cerebral na propia entidade pero sobre todo en recursos do entorno comunitario.
O proxecto recolle tamén a realización de charlas de formación de voluntariado con persoas con DCA e o acompañamento das persoas voluntarias que cobren algúns dos postos de acción voluntaria, presenciais ou a distancia, da entidade.
En 2024 o programa de voluntariado de Dano Cerebral Santiago de Compostela quere ademais incidir na promoción da a participación de persoas con DCA como voluntarias en entidades e recursos do seu entorno comunitario, favorecendo así a súa integración social e capacitación despois de finalizar o seu proceso de rehabilitación.
A concesión desta axuda foi publicada no Diario Oficical de Galicia nº 206 do 24 de outubro de 2024.