Sumámonos á iniciativa “12 comercios, 12 sensibilidades” da man de Trisquel Artesanía

25/02/2025

Dano Cerebral Santiago de Compostela é unha das doce entidades sociais que se beneficiarán desta iniciativa na que cada mes un comercio local dá visibilidade ao labor dunha organización. Esta é a segunda edición dunha idea que xurdiu das propias comerciantes e que conta co apoio da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

12 mulleres emprendedoras darán visibilidade desde as súas tendas ao longo deste ano 2025 a 12 iniciativas solidarias con impacto na nosa cidade. Dano Cerebral Santiago de Compostela participa ao ser elixida por Trisquel Artesanía e farao no mes de decembro.

Esta é unha campaña de economía circular e compromiso social que busca favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e de sectores diversos á vez que dá a coñecer e apoia ás entidades solidarias coas que cada comercio colabora.

A listaxe completa de comercios e proxectos sociais é a seguinte.

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

 

Podes seguir o proxecto en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información