O conselleiro de Sanidade, António Gómez Caamaño, destaca na súa visita a Sarela a importancia de desenvolver o Proceso Asistencial Integrado do dano cerebral adquirido

11/07/2024

Esta mañá Sarela recibiu a visita do conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, e do xerente da Área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio. Na visita tiveron contacto con persoas usuarias dalgúns dos servizos da entidade que lle trasladaron algunhas das súas inquedanzas e demandas como colectivo referidas á necesidade de información para afrontar o #danocerebral ou mellorar a atención no sistema público.

Neste sentido o conselleiro destacou o labor que as entidades sociosanitarias como Sarela realizan no seu ámbito e a importancia que terá o desenvolvemento do “Proceso Asistencial Integrado (PAI) do dano cerebral adquirido” para acadar estes obxectivos. O PAI do dano cerebral adquirido constitúe unha nova estratexia de atención dirixida ás fases aguda e subaguda do dca e pretende garantir a coordinación e continuidade asistencial.

Esta idea foi compartida por Luciano Fernández, secretario de Sarela e presidente de Dano Cerebral Galicia, ao demandar o despregue das accións do proceso unha vez aprobado e publicado polo Sergas. Tamén pediu colaboración desde a Xunta de Galicia no traballo de prevención das causas do #DCA e na atención ás persoas con dano cerebral na fase crónica dotando ao sistema de recursos que permitan ás persoas estar no seu entorno máis cercano. 

O conselleiro e o xerente foron acompañados na súa visita ás instalacións que Sarela ten no barrio do Castiñeiriño por José Balboa (presidente de Sarela), Luciano Fernández (secretario de Sarela e presidente de Dano Cerebral Galicia) e Rocío García (directora de Sarela).

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información