Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O vindeiro 20 de xuño, Sarela e Daño Cerebral Estatal (antes FEDACE) organizan esta xornada para reflexionar e poñer en común experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con Dano Cerebral. Celebrarase na Cidade da Cultura entre as 9:00 e as 14:30 horas e a inscrición xa está aberta.
A xornada consta de tres mesas redondas nas que participarán profesionais do ámbito da orientación sociolaboral, representantes de empresas e institucións, e persoas con dano cerebral para describir a situación actual e analizar experiencias de éxito e boas prácticas no ámbito da discapacidade extrapolables ao ámbito do Dano Cerebral.
A inscrición xa está aberta a través do seguinte formulario (https://forms.gle/f89xoSKhzoQFvwJW6) e na web www.sarela.org/trazando-camiños manterase o programa actualizado.
Os datos en relación á situación laboral das persoas con DCA indican que só o 13% destas persoas declaran ter traballo cando antes da lesión o tiñan o 71%. Os estudios sobre calidade de vida tamén conclúen que o 58% das persoas con Dano Cerebral perciben que a súa situación laboral deteriorouse e que se suma ao empeoramento do estado de saúde, benestar emocional, relacións sociais etc.
Datos coma estes son os que levaron ao movemento asociativo do dano cerebral a afrontar con determinación facer efectivo o dereito de todas as persoas con dca ao emprego. Sarela na actualidade conta entre os seus servizos o de Orientación Laboral. O seu obxectivo é acadar a inserción laboral desde a atención individualizada e o acompañamento. Este servizo forma e orienta á persoa na busca de emprego e traballa directamente coas empresas buscando oportunidades de emprego e as asesora na adaptación do posto de traballo e funcións a desenvolver pola persoa con DCA.
Pola súa banda, Daño Cerebral Estatal (a Federación Española de Daño Cerebral) iniciou hai anos o seu Plan integral de emprego para persoas con Dano Cerebral. En base a esta iniciativa, entre outras accións, realízanse estudios, impártese formación ás entidades e en 2022 púxose en marcha a plataforma online "FEDACE Empleo", que busca impulsar o talento laboral das persoas con DCA e axudalas a acceder a un posto de traballo.
Precisamente, a xornada “Trazando Camiños” é un dos dous encontros estatais que se encadran no Plan integral de emprego para persoas con Dano Cerebral de Daño Cerebral Estatal e que contan coa colaboración e financiamento do grupo Gransolar.
20 de xuño de 9:00 a 14:00 horas.
Cidade da Cultura (Edificio CINC). Santiago de Compostela
9:00 h. Acreditacións
9:30 h. Apertura da xornada a cargo de Luciano Fernández, secretario de Sarela e presidente de FEGADACE e CERMI Galicia e Begoña Hermida, directora de FEGADACE membro da xunta directiva de Daño Cerebral Estatal.
10:00 h. Mesa redonda | O camiño do dano cerebral cara a inclusión sociolaboral.
Modera: Rocío García, psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela.
11:00 h. Pausa café
11:30 h. Mesa redonda | Percorridos realizados polo terceiro sector na inclusión de colectivos con dificultade de inserción.
Modera: Noelia Parente. Orientadora laboral de Sarela
12:45 h. Mesa redonda | O impulso da inclusión sociolaboral desde as institucións públicas.
Modera: Leticia Vila. Técnica de formación de FEGADACE
14:00 h.