Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O Servizo de Atención Diúrna Ocupacional de Sarela comezou a súa andaina en novembro de 2016. Estes meses desde a súa posta en marcha implicaron un traballo intenso ao non existir ata este momento un centro deste tipo orientado ás persoas con dano cerebral adquirido que buscaban normalizar a súa vida sociolaboral. Foron meses de axustes e de dar a coñecer o servizo pero tamén de éxitos, os que representan as seis insercións acadadas entre as persoas que participaron nas súas actividades.
Sarela asinou coa empresa SEFER S.L un convenio para que as persoas usuarias do SADOC (Servizo de atención diúrna ocupacional) de Sarela realicen prácticas nesta empresa padronesa do sector do aluminio. Ramón Fernández Angueira, responsable da empresa, e José Balboa, presidente de Sarela, asinaron o acordo que permitirá avanzar na integración laboral destas persoas.
Noelia Parente, unha das nosas educadoras sociais, é a responsable do SADOC (Servizo de Atención Diúrna Ocupacional) de Sarela. No xornal La Voz de Galicia contou o traballo que facemos nun servizo co que buscamos que as persoas con dano cerebral adquirido teñan a máxima autonomía e independencia. Transcribimos aquí a información.
Botou a andar coas sete primeiras persoas usuarias co obxectivo de favorecer a súa máxima autonomía e independencia a través da ocupación e do emprego. Para iso é fundamental o traballo individualizado con cada persoa.