Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible o Concerto Solidario que celebramos este sábado. Especialmente a todos os nenos e nenas da Bandiña e Coro da Escola Municipal de Música de Santiago, aos seus mestres e mestras, ás súas familias por acompañarnos; ao Coro Harmonia Stellae; ao grupo Charamuscas; ao todo o equipo do CIPF Politécnico de Santiago polas facilidades e o gran traballo de sala ese día; a Ramón Castro por conducir tan ben o acto e a todo o público que nos acompañou.
Acompáñanos no Concerto Solidario que con motivo de 25 Anos de retos superados celebraremos o sábado 15 de novembro ás 19:00 horas no auditorio do CIFP Politécnico de Santiago. Actuarán a Bandiña e Coro da Escola Municipal de Música de Santiago, o coro Harmonía Stellae e o grupo Charamuscas de música tradicional. Amplía a información para saber como mercar as entradas ou colaborar na fila 0.
Carmen, Miguel, Juan, Purificación, todas persoas con dano cerebral ou familiares doutras con esta discapacidade, foron as encargadas de pór voz ao manifesto lido hoxe na celebración do Día do Dano Cerebral. Ao acto, celebrado no hotel Oca Puerta del Camino, asistiron unhas 200 persoas que representaban a base social da asociación: persoas socias, profesionais, voluntarias/os, colaboradores/as etc.
Como cada ano as entidades federadas en Dano Cerebral Estatal redactan un manifesto conxunto no que recollen as súas demandas e inquedanzas. Este 2025, o movemento asociativo pon en valor os 30 anos da existencia da federación estatal e alza a súa voz para reivindicar as necesidades de atención e dereitos das persoas con DCA e as súas familias.
O domingo 26 é o Día do Dano Cerebral e o mércores 29 o Día Mundial do Ictus e celebrarémolos con diversas actividades. O acto principal do Día do DCA será un encontro de todas as familias da asociación e a lectura do manifesto común a todas as entidades do Estado. No Día Mundial do Ictus teremos mesas informativas nos hospitais de Santiago e Ribeira e nalgúns centros de saúde da área sanitaria.
Esta mañá a conselleira Fabiola García e o presidente da asociación, Luciano Fernández, asinaron un convenio por valor de 300.000 euros para as obras da nova fase da nosa sede. Deste xeito, a Xunta de Galicia aportará un un total de 550.000 euros para este fin ao sumar outros 250.000 euros procedentes da convocatoria do IRPF.
Esta maña visitou a nosa sede José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, para coñecer os servizos de atención especializada en Dano Cerebral e con máis detalle o de orientación laboral que conta cunha subvención deste departamento da Xunta de Galicia.
No curso anterior este proxecto permitiu traballar con 16 nenos e nenas de 9 centros educativos. Durante o curso tamén se realiza un traballo continuo de coordinación con titores/as, orientadores/as, profesores/as, xefes/as de estudio etc. Os pais e nais tamén participan no proxecto, recibindo o apoio necesario e as estratexias que favorezan a intervención co neno/a.