Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A asociación celebrou o Día do DCA por primeira vez desde que cambiou o seu nome e imaxe pública. Un ano máis a andaina pola cidade histórica de Santiago foi o acto principal xunto coa lectura do manifesto do movemento asociativo de todo o Estado no se puña o acento no dereito das persoas e familias a recibir un diagnóstico claro e información suficiente sobre os recursos e alternativas que garantan a súa correcta atención unha vez reciben a alta hospitalaria.
O acto principal será unha andaina aberta a toda a cidadanía que percorrerá as rúas da cidade vella desde a Alameda (saída ás 10:00 h. da estatua dedicada a Maruxa e Coralia) até a praza do Obradoiro. Alí, sobre as 12:30 h. diante da casa do Concello, persoas con dano cerebral e familiares lerán o manifesto que recolle o sentir e reivindicacións do movemento asociativo.
Como cada ano as entidades federadas en Dano Cerebral Estatal, antes Fedace, redactan un manifesto conxunto no que recollen as súas demandas e inquedanzas. Este 2024, o movemento asociativo alza a súa voz para reivindicar a necesidade das persoas con DCA e as súas familias de recibir un diagnóstico claro e información suficiente sobre os recursos e alternativas que garantan a súa correcta atención unha vez saen do hospital.
Persoas usuarias do Servizo de atención diúrna terapéutica tamén fixeron a lectura no centro de Sarela. No Hospital Clínico de Santiago tamén atendemos unha mesa informativa á que se sumaron profesionais deste centro sanitario.
Debido ao mal tempo que haberá na mañá do xoves, ao seu pesar Sarela debe cambiar a previsión de actividades pensadas para a celebración do Día do Dano do Cerebral. Suspéndese a andaina desde a Alameda á praza do Obradoiro. A lectura do manifesto farase, por unha representación da asociación, no salón nobre do Pazo de Raxoi.
Sarela celebrou esta data recibindo a Montse, Enrique, Juan, Marta e Alejandro, os/as cinco persoas con Dano Cerebral, que fixeron a Camiño de Santiago para dar visibilidade ao DCA. No Obradoiro leuse o manifesto reivindicativo. Tamén houbo puntos de información no CHUS e no Hospital da Barbanza (Ribeira).
Este é o manifesto que as 46 entidades que forman parte de FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral) leron simultaneamente hoxe, 26 de outubro, con motivo do Día do Dano Cerebral. Nel resúmense as principais reivindicacións do movemento asociativo e que este ano centra as súas reivindicacións nos problemas de accesibilidade cognitiva.
Na chegada ao Obradoiro lerase o manifesto elaborado conxuntamente polas 48 entidades agrupadas en FEDACE e que este ano reclamará medidas para garantir a accesibilidade cognitiva das persoas con DCA. Tamén haberá mesas informativas nos Hospitais de Santiago e Barbanza (Ribeira). As actividades continuarán o venres 29 coa conmemoración do Día do Ictus, primeira causa de dano cerebral, con mesas informativas en Santiago, Ribeira, A Estrada, Lalín, Mazaricos e Arzúa e unha charla de sensibilización en Lalín.