Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Onte conmemorouse o Día Internacional das Persoa Coidadoras, aquelas que se encargan de apoiar e asistir a outras persoas que necesitan axuda nalgún aspecto da súa vida. Celebrámolo cunha xuntanza de familias que participaron nun obradoiro de baile e nun xantar.
O Concello de Santiago aprobou na xunta de goberno local de 3 de xuño, outorgar a Sarela unha subvención nominativa para o desenvolvemento do programa de actividades de autocoidado dirixidas a persoas coidadoras e actividades de autocoidado para profesionais de Sarela. Esta axuda ten unha contía de 5.000 euros.
A colaboración do concello fai posible o funcionamento deste punto de información nas dependencias municipais de Servizos Sociais Comunitarios (Estrada de Tanxil, 12) e que tamén atende á poboación Dodro e Lousame. Súmase aos da Estrada, Ribeira, Arzúa, Lalín e Mazaricos que xa viñan funcionando. A atención será gratuíta e con cita previa que se pode concertar no teléfono de Sarela 981 577 037 ou a través dos servizos sociais dos concellos.
O Servizo de Información, Orientación e Apoio a familias oferta diversas actividades destinadas ás persoas coidadoras. Hai actividades que se poden facer acompañadas e outras só de forma individual e todas poden realizarse en calquera momento ata final de ano. Entre as opcións hai balneario, almorzos e merendas, masaxes, obradoiros de cociña, restauración de mobles etc.
A Deputación da Coruña concedeu a Sarela unha subvención de 36.800 euros (cun coeficiente de cofinanciamento do 40%) dentro do “Programa FOCVAA: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2023”. A resolución foi publicada no BOP do 5 de xuño. Esta subvención afianza o Servizo de información, orientación e apoio a familias que é un elemento fundamental e gratuíto para as persoas e familias con DCA.
Sarela crea un club de lectura no que poden participar as familias socias da entidade e que está dinamizado por María Tilve, que é voluntaria en Sarela. No club, ademais de compartir lectura, organizan outras actividades culturais e de ocio. Reúnense dúas veces ao mes no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia da Cidade Vella.
O Servizo de Información, Orientación e Apoio a familias oferta diversas actividades destinadas ás persoas coidadoras. Hai actividades que se poden facer acompañadas e outras só de forma individual e todas poden realizarse en calquera momento ata final de ano.
É un recurso novo que será un punto de encontro permanente para as persoas socias de Sarela que desenvolven o rol de coidadoras como a lareira o era tradicionalmente na vida das casas. O obxectivo é crear un recurso a distancia onde se sintan seguras e acompañadas no proceso que están a vivir como persoas coidadoras e enfocado no autocoidado e na formación.