• Centro Sarela Atención Dano Cerebral

A nosa sede

A nosa sede está situada no barrio do Castiñeiriño e é o resultado da suma de esforzos e compromisos: do Concello de Santiago cedendo a parcela, da Deputación da Coruña implicándose na súa construción e equipamento e, o máis importante, de toda a cidadanía que grazas ao 0’7 solidario do IRPF achegou a maior parte do investimento.

As instalacións destinadas aos distintos servizos (que ocupan 1.632 metros cadrados útiles) son cómodas e permiten dar a mellor atención ás persoas usuarias. O centro dispón de:

  • Salas polivalentes para o desenvolvemento de diferentes actividades.
  • Salas de fisioterapia.
  • Sala de estimulación multisensorial.
  • Despachos de psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional, traballo social e orientación laboral.
  • Piscina accesible.
  • Sala de actividade física.
  • Sala de formación.
  • Administración.
  • Sala de curas.
  • Comedor.
  • Cociña.
  • Terraza exterior.

Adaptado e completamente accesible, o centro conta con solucións tecnolóxicas avanzadas e dotacións postas ao servizo da atención das persoas como a sala multisensorial, o comunicador Tobii PcEye ou a piscina, entre outras.

SALA multisensorial

imagen de sarela centro de dia

A sala multisensorial recrea ambientes accesibles física e cognitivamente que fomentan a estimulación dos sentidos, a interacción e a comunicación. Está dotada de elementos como unha cama de auga, fibras ópticas, canóns de son e imaxe, panel interactivo etc. Nela traballamos a comunicación, as emocións ou a interacción recreando ambientes e sensacións a través de estímulos visuais, auditivos, táctiles etc.  

piscina accesible

A piscina accesible está deseñada pensando especificamente nas persoas con problemas de mobilidade, incluso severos. Está equipada cunha grúa que permite chegar ao vaso directamente desde o vestiario. A auga, como todo o ambiente, está climatizada. Ten unhas dimensións aproximadas de 5 por 4 metros e unha profundidade que vai dos 1,12 aos 1,32 metros. A auga, como todo o ambiente, está climatizada a unha temperatura duns 30 grados. 

+ info

comunicador tobii

imagen dano cerebral adquirido

O Tobii PcEye é un sistema de manexo do ordenador a través dos ollos. Funciona coma un rato e destaca pola súa grande precisión. Facilita a comunicación persoal na vida cotiá e achega a posibilidade de interactuar en momentos importantes como é na atención médica, a valoración xurídica de incapacidade ou a declaración de últimas vontades, por citar só uns exemplos.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información